jueves, 1 de febrero de 2018

Concerto didáctico. As Lollipops. Alumnos de 4ºESO.






Os alumnos de 4º ESO escoitaron e gozaron o pasado martes 23 de xaneiro dunha selección de temas musicais da época dourada do swing (década. 40-50 s.XX). Asistiron a un concerto didáctico no Auditorio de Santiago de Compostela titulado "A música vocal", e gozaron das marabillosas voces das Lollipops acompañadas polo pianista Cristian Leggiero. 
O trío musical As Lollipops  composto polas coñecidas cantantes Paula Romero, Marian Ledesma e Pati Lesta explicaron a través de diversos exemplos en directo conceptos clave da música vocal como: os tipos de voces, como  cantar unha canción a diferentes voces, a voz como instrumento, a música a capella e a fusión de estilos.




                                                  Noticia no correo galego.







No hay comentarios:

Publicar un comentario