Mostrando entradas con la etiqueta 2º ESO. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta 2º ESO. Mostrar todas las entradas

jueves, 10 de noviembre de 2011

Thomas Hampson interpreta a Mahler

O barítono norteamericano  Thomas Hampson cantou en novembro do 2011 ( centenario do pasamento de Mahler ), no Teatro Colón da Coruña, o seu primeiro concerto en Galicia no ciclo Galicia Classics, homenaxeando a Mahler.







Thomas  Hampson está considerado como un dos  mellores intérpretes do mundo no repertorio dos lieder de Mahler. De seguido podes escoitar un lied do compositor austríaco.

sábado, 22 de octubre de 2011

O 200 aniversario de Franz Liszt




Todo lembra hoxe en Hungría a Franz liszt, un dos mestres do romanticismo, na celebración do segundo centenario do seu nacemento.

As súas melodías soarán en salas de concertos, centros comerciais, basílicas, teatros e ata nos estadios de futbol.
Google no seu doodle tamén o lembra.

Pero quen foi Liszt? Nos irémolo coñecendo pouco a pouco pero comezaremos dicindo que foi un gran compositor do romanticismo, un virtuoso do piano ademais de organista e transcriptor .
Felicidades Mestre!!
Imos escoitar unha das súas obras máis coñecidas para piano: Liebestraum (sono de amor) interpretada polo pianista de moda nestes momentos: Lang Lang.






jueves, 6 de octubre de 2011

Flashmob

Un flashmob, traducido literalmente do inglés como «multitude instantánea» é unha acción organizada na que un gran grupo de persoas se reúne nun lugar público, fai algo inusual e logo se dispersa . Soen convocase a través dos medios telemáticos (móviles e internet) e na  maior parte dos casos, non teñen ningún fin máis co entretemento.
Neste caso o tema escollido é o Bolero de Ravel. Calquera día atopádesvos con un.