Mostrando entradas con la etiqueta Instrumentos Musicais. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Instrumentos Musicais. Mostrar todas las entradas

lunes, 13 de octubre de 2014

Exercicios reforzo 3ºESO

Despois de traballar na clase a clasificación dos instrumentos da orquestra occidental podes probar os teus coñecementos sobre os instrumentos e a sua clasificación.
A puntuación será recollida nunha folla de datos da profesora automáticamente. (Click na imaxe)

https://docs.google.com/forms/d/1QQA4k8iZL0mlQjb69-F5FdthS7tr4wn1ye_PjPxKoro/viewform

martes, 8 de enero de 2013

Gibson Les Paul vs Fender Stratocaster.


Podedes ver a formas e o son das duas guitarras mais importantas do rock. A Fender Stratocaster e a Gibson.
A Fender ten unha forma caracterizada polo doble corno (superior e inferior) e a Gibson ten a parte superior redondeada e na inferior un corno.
Os cornos non son só adornos estétitos senón que permiten tocas as notas máis agudas do mastro.



martes, 4 de octubre de 2011

O theremin

Esta semana estivemos a repasar a clasificación dos instrumentos e atopámonos cun instrumento novo que incluímos dentro da categoría dos electrófonos:  O theremin.
Poderíamos definir o theremin como o único instrumento musical  que se toca sen tocalo.
Léon Theremin (1896-1993) foi un inventor ruso famoso pola invención deste instrumento, un dos primeiros instrumentos musicais electrónicos. A súa experiencia co violonchelo fíxolle querer inventar un instrumento de similar rexistro pero suprimindo a necesidade de fretar o arco contra as cordas ou desprazar os dedos polo mastro.

O seu son úsase  xeralmente vinculado ó sobrenatural, ó descoñecido ó misterioso. A asociación entre o theremin e as películas de ciencia ficción deuse a partir do uso do instrumento feito por Bernard Hermann na película “Ultimatum á Terra” (The day the Earth Stood Still”).
Grupos como  os Rolling Stones, os Beach Boys,  la Oreja de Van Gogh, Led Zeppelin (Whole lotta love), Marilyn Manson, Pink Floyd, as Spice Girls, Jena Michael  Jarre (Oxygene 10) usaron o citado instrumento.