miércoles, 25 de octubre de 2017

Musica para Samaín ou Halloween




Nesta entrada podedes escoitar dúas obra que teñen moito que ver coas datas que se acercan.

1. "This is  halloween" é un dos temas  da película musical "Pesadilla antes de Navidad" de Tim Burton. A arrepiante banda sonora foi composta polo colaborador musical do director Tim Barton, o compositor de bandas sonoras Danny Elfman.

O dúo Tim Burton-Danny Elfman colaborou noutras películas como "BeetleJuice" 1988, "Batman" 1989, "Eduardo Manostijeras" 1990, "Big Fish" 2003, "Alice in Wonderland "2010, "La novia cadaver"2005. "Frankeenweenie" 2012...


                                                                                                                                                               

Interpretamos na clase o tema This is halloween. 


Tamén podedes interpretar a Banda sonora da Familia Adams.



Para rematar, como repaso, unha peza moi sinxela:

Os esqueletos.




2. A  "Danza macabra" (op 40) é unha das obras máis importante do compositor francés Camille Saint-Saëns (1835-1921)




Está baseada nun poema de Henri Cazalis que describe á Morte como personaxe tocando o violín a media noite sobre unha tumba. Ós seus ritmos acoden os esqueletos dos mortos a bailar nunha melodía a ritmo de valse francés.
O canto do galo que anuncia o día fai que todos se retiren ás súas tumbas aterrorizados volvendo a calma. Dise que para a afinación do violín que toca a Parca (morte), o compositor, usa unha forma especial. A primeira corda afína en mib e non en mi natural. A sensación que produce é  temorosa.
Dito violín toca un tritón (intervalo de 4ª aumentada) chamado en música: diabolus.

Durante a Idade Media o tritón era considerado como un son satánico que empuxaba a cometer actos impuros, unha porta pola que o Diablo se adentraban na alma dos homes a través da música. Era evitado a toda costa, ao ser o seu uso rotundamente prohibido pola Igrexa.
Segue a esquema da audición:
1. Doce campás da media noite.
2. A morte sae da súa tumba e afina o violín.
3. Empeza a tocar o valse francés.
4.As tumbas van abríndose e os esqueletos asoman bailando.
5. A morte volve a afinar.
6. Volta ao ritmo do vals, agora  máis forte.
7. Os esqueletos chocan uns con outros (xilófonos).
8. Afina de novo e toca. Os esqueleto van entrando na danza por parellas.
9. Cambio de ton que indica a aparición dos primeiros raios de sol .Algúns esqueletos vanse e outros seguen coa danza.
10. A morte case queda soa e a súa melodía faise triste e melancólica.
11. Vanse todos.
12. Canta o galo (óboe).
13. Péchanse as tumbas
14. Volta á paz.






No hay comentarios:

Publicar un comentario