“ Ni tu ni nadie” foi incluída no álbum “Deseo carnal”
de 1984 do que saíu como segundo sinxelo.
A letra e a música foron
compostas como era habitual na maioría dos temas de Dinarama por Nacho Canut e
Carlos Berlanga. Canta en primeira persoa e trata sobre unha relación de
parella difícil.
Ten unha estrutura estrofa/ retrouso
e está interpretada case na súa totalidade por ambas voces, a de Alaska e a de
Carlos Berlanga.
O
tema foi clasificado pola revista Rolling Stone no número 24 das 200 mellores cancións
do pop-rock español segundo o ranking publicado no 2010.
No hay comentarios:
Publicar un comentario