O country é un estilo musical nado nos anos 20 nas zonas rurais do Sur de EEUU.
Nas súas orixes mesturou a música folclórica dalgúns países europeos principalmente Irlanda, con formas musicais xa arraigada en Norteamérica como o blues e a música espiritual e relixiosa (entre outras o gospel).
O termo country comezou a ser utilizado nos anos 50 en detrimento do termo Hillbilly .
O country tradicional tocábase con instrumentos de corda como a guitarra o banjo o violín e o contrabaixo aínda que tamén interveñen o acordeón (influxo francés) e a harmónica.
No country moderno úsanse instrumentos electrónicos como a guitarra eléctrica ou o baixo eléctrico, teclados, o dobro e a steel guitar.


No hay comentarios:
Publicar un comentario