miércoles, 14 de marzo de 2012

A serva padrona. G. B. Pergolesi: "Sempre in contrasti"

A serva padrona é unha opera bufa en dous actos. Foi creada para os instermedios dunha ópera seria do mesmo autor no ano 1733.
Lembrade que o barroco en música remata no 1750 pero nesta pequena óepra bufa xa escoitamos elementos que nos adiantan a época posterior, o clasicismo. Xa non encontramos  a deuses con grandes accións se non a personaxes humanos en escenas da vida cotiá que discuten....
Nesta ópera só hai tres personaxes a criada Serpina o Señor Huberto e un personaxe mudo (un actor). Esta ópera represéntase en moitas ocasión polos poucos medios que require.
A aria que escoitamos "Sempre in contrasti" é un aria para baixo (neste caso barítono) onde Uberto, un vello roñon, exterioriza o seu mal humor enumerando as cousas que non atura: "esperar e que  non acuda ningúen, estar na cama e non poder durmir.....

No hay comentarios:

Publicar un comentario