A ópera
italiana dominou intensamente a escena europea durante o Romanticismo e boa
parte do século XX. As causas do seu rotundo éxito hanse de buscar en varias
frontes:
-nunhas melodías airosas, cantables, emotivas e dun aire case popular,
-no trato fascinante que se lles dá á voz e ao canto.
-na posta en escena de argumentos moi emocionais, nos que se debaten
conflitos amorosos, sentimentos fortes e situacións desesperadas e pasionais.
En
Italia cada función era unha auténtica festa para o público, que se implica no
desenvolvemento da acción, aplaudindo, coreando as melodías, aclamando os
cantantes ou chorando a lágrima viva.
Características.
Ø
É unha pura expresión de sentimentos
humanos, pero levados a unhas consecuencias desastrosas: mortes abandonos,
locuras, celos…
Ø
É a época do bel canto con divos e divas
admirados pola burguesía.

A Traviata é a ópera mais persoal e íntima de Verdi,
o libreto inspírase na obra "A dama das camelias", unha novela de Alejandro
Dumas. Estreouse no ano 1854, en Venecia e foi un fracaso. A ambientación
contemporánea convertíaa, posiblemente, nunha ópera demasiado realista para un
público burgués; de feito o libreto critica dalgún xeito a superficialidades e
mais a hipocrisía da burguesía. Por iso suxeríuselle a Verdi que situase a
ambientación un par de século atrás para no ferir susceptibilidades. Un dos
aspectos máis interesantes de La traviata é o xeito como Verdi retrata a evolución psicolóxica da
protagonista, traducindo coa música os matices da súa personalidade e a
evolución dos seus sentimentos.
O xeito de tratar o tema amoroso na traviata amosa elementos e trazos románticos: a entrega total, o
sacrificio por amor, un destino fatal, un duelo, unha enfermidades incurable e
a morte da protagonista. O mesmo título traviata significa "extraviada",
indícanos que asistiremos a un drama humano emocionante.
Argumento:
Violetta é unha moza alegre, coqueta e despreocupadas, que leva unha vida superficial. Nunha das moitas festas ás que asiste en París un mozo rico de provincias, Alfredo, namórase. Violetta dubida; non se atreve a crer no amor verdadeiro. Ao final, decide renunciar ás conquistas amorosas para vivir no campo con Alfredo. O pai do mozo, escandalizado polos amores irregulares do seu fillo, visita a Violetta e pídelle que abandone a Alfredo para lle evitar un escándalo á súa familia. Violetta renuncia a o amor polo ben de Alfredo. Volve a París e déixase ver co seu antigo amante, un barón. Noutra festa coinciden os dous; Alfredo , humillados, guíndalle con desprezo un feixe de billetes á cara de Violetta en pagamento polo tempo que pasaron xunto. Violetta desmáiase; o inxusto xesto de Alfredo indigna ós invitados. Pasado un tempo, Violetta está morrendo en medio da desesperanza e do abandono. A súa criada dálle unha boa nova: Alfredo soubo do seu sacrificio e, despois de baterse en duelo co barón, ven buscala. Cando chega Alfredo, a alegría dos dous namorados non pode evitar o triste final: Violetta morre pedíndolle a Alfredo que non renuncie a o amor.
O autor:
Giuseppe Verdi (1813-1901) foi un compositor italiano
coñecido pola mestría das súas óperas. Aos vinte e sete anos obtivo o seu
primeiro gran éxito internacional coa ópera Nabucco, composta a petición do
gran teatro de La Scala. A partir daquela sucedéronse as encargas durante uns
anos de intenso traballo. O punto culminante deste períodos chegou coas tres
grandes óperas: Rigoletto, Il Trovatores e A Traviata.
Verdi elexía con sumo coidado os temas das óperas:
supervisaba os libretos e sempre procurou que as personaxes tivesen humanidade
e non fosen unha simple escusa para lucir a voz. Con frecuencia, o fondo
político e social das súas óperas provocaba a reacción da censura, que lle
obrigaba ao compositor a cambiar a localización, matizara situación ou disimular
personaxes reais. O seu talento para compoñer melodías insprirasd en
conmovedoras, e para plasmar no teatro situacións tráxicas e heroicas producía un grande impacto nunha
Italia ocupada que loitaba pola liberdade. Verdi participou activamente en política
e chegou a ser senador.
Brindis da Traviata.
Aria "Sempre líbera" da Traviata.
Aria " Amami Alfredo".
Aria "Parigi, O cara" .
Aria " Amami Alfredo".
Aria "Parigi, O cara" .
No hay comentarios:
Publicar un comentario