miércoles, 31 de diciembre de 2014

Concerto de Aninovo da Orquestra Filharmónica de Viena

O concerto de Aninovo da Filharmónica de Viena é un concerto que ten lugar cada ano na mañá do 1 de xaneiro na Sala Dorada do Musikverein de Viena (Austria). É transmitido en boa parte do mundo, cunha audiencia potencial de 1.000 millóns de espectadores de 54 países.
A música é, na meirande parte, da familia Strauss (Johann Strauss (pai), Johann Strauss (fillo), Josef Strauss e Eduard Strauss). As flores que decoran a sala de concertos son un agasallo anual da cidade de San Remo, Liguri (Italia)

O concerto sempre finaliza con varios bises logo do programa principal (propinas que non están incluídas no programa). Os músicos desexan colectivamente un feliz Aninovo (Prosit Neujahr), e rematan co Vals de O Danubio Azul de Johann Strauss fillo, seguido da Marcha Radetsky, de Johannn Strauss pai. Durante esta última obra, a audiencia aplaude ao compás e o director xírase para dirixila, durante breves instantes, en lugar da orquestra. 



Traballo concerto de Aninovo.
Fai un comentario do concerto de Aninovo desta orquesta ou doutra incluíndo os seguintes puntos.
1. Lugar onde se celebra, motivo e importancia.
2. Fecha de celebración.
3. Que orquestra interpetra o concerto, quen é o seu director titular?
4. Quen dirixe o concerto neste ano 2015. Fíxoo en otras ocasións?. De qué orquestra é titular dito director.?
5. Que obras interpretaron e de que autores. Por que destes autores?
6. Houbo algunha broma?
7. Que obras se interpretaron fóra de programa.

FELIZ ANINOVO.

No hay comentarios:

Publicar un comentario