martes, 13 de marzo de 2012

Os comezos de ópera.

Foi a finais do Renacemento (XV-XVI) cando se compuxeron as primeiras óperas en Italia aínda que a primeira ópera completa, o “Orfeo” de Claudio Monteverdi  estréase   no ano 1607, xa na seguinte época: O  barroco (1600-1750). 


A ópera nace como un intento de resucitar a traxedia greco-romana por parte duns humanistas, músicos e intelectuais reunidos polo conde Bardi en Florencia na chamada Camerata Florentina a finais do Renacemento. Estes intelectuais partían da crenza (non certa) de que a traxedia era máis cantada que falada .

A ópera barroca caracterízase polos seus argumentos mitolóxicos, con músicas dramáticas e suntuosos decorados, un reflexo do poder das monarquías absolutas. As melodías son orrnamentadas para o lucimentos dos cantantes virtuosos ou dos castrati. É unha ópera para a aristocracia.

O tema de Orfeo e moi recorrente na historia da música, de feito neses mesmos anos hai outras obras coa  mesma temática como a "Euridice" de Peri  (1598).
 No mito de Orfeo reflíctese o poder case sobrenatural da música, a arte máis abstracta de todas. Nel amósase a capacidades desta arte para provocar e potenciar emocións.

Conta a mitoloxía que Orfeo era fillo da música Calíope. O deus Apolo regaloulle unha lira, instrumento que segundo a mitoloxia grega transmitia a calma e o benestar espiritual. A lira, tocada por Orfeo conseguía  amansar as feras, amainar a violencia das tempestades e abrandar o corazón dos homes máis rudos.
Orfeo casou cosa súa amada Eurídice, pero a felicidade axiña se esvaeu. Durante a festa de vodas una serpe mordeu a Euridice no talón. A moza morreu.
Orfeo non se resignou á perda de Euridice e decidiu baixar ao reino de Plutón, o reino da morte. Coa súa musica conseguiu que o fero gardián lle permitise pasar, as furias do mal acosábano........
Ao final Plutón permítelle a Orfeo levarse a Euridice pero dille " Non te deteñas, non fales, non te volvas para mirar atrás ata que non chegues arriba, ao mundo da luz....do contraio nunca máis volverás a ver a súa cara.”


No camiño de volta dubidou  se Eurídice o seguía ou non e a impaciencia nubrou o xuízo,  virouse e Euridice desvaneceuse na escuridade para sempre.

No hay comentarios:

Publicar un comentario