lunes, 28 de noviembre de 2011

Th Beatles 1


Archivo:Beatles logo.svg

Nestes días imos coñecer un pouco mellor uns dos grupos máis importantes da historia da música popular: Os Beatles.
The Beatles foi unha banda inglesa de Liverpool. Funcionou como banda definitiva dende 1962 ata 1969.
Os seus compoñentes foron: John Lennon, Paul McCartney, George Harrison e Ringo Starr.
As súas orixes musicais ímolas bucar no skiffle e no rock and roll dos anos 50 que tan ben coñecemos. A banda tocou ó longo da súa curta vida varios estilos: Pop, balada pop, rock and roll, rock, rock psicodélico.... Como veremos tamén fixeron moitos arranxos onde contaron con instrumentos clásicos.
Ademáis das análises dos diferentes temas veremos o documental Beatles Anthology en 6 capítulos:
O 1º fala de infancia dos seus compoñentes e da súa adolescencia.
Resposta as seguintes preguntas.
¿En que década naceron?¿Cal era a situación pola que pasaba Europa e o seu pais neses anos?
¿Que música escoitaron durante a súa adolescencia?

2 comentarios:

  1. Naceron na década nos ano 1960,é dicir,na Guerra Mundial.

    A situación que pasaba por Europa e polo seu país neses anos era de crisis,xa che non tiñan cartos para comprar azúcar,e moito menos para comprar un disco de rock`n´roll.

    Na súa adolescencia escoitaban música country e tamén rock`n´roll que o seu rei nesa época era Elvis

    ResponderEliminar
  2. Moi ben Eva por ser a primeira que se anima. O positivo do 1º video é para ti. Lembra que naceron na década dos 40.

    ResponderEliminar